In mapa son
Danza e Voz para espazos non convencionais
Trátase dunha acción sonora e física composta por música en directo e coreografia de danza de duración aproximada 7-10 min, adaptable a calquer espazo e lugar.
A música creada in situ pola intérprete, comeza ou finaliza a acción. A proposta está aberta a variacións según o emplazamento e o contexto no que se presente.
O son en directo da voz cantada, desenvoóvese dende unha loop station, e combínase con audios clásicos, de música antiga ou bolero.
O corpo faise presente a través da voz e o movemento.
A voz fala, canta, expresa, introducindo a linguaxe xestual do corpo, a interpretación dunha "partitura-mapa" de movemento adaptada ao espazo escollido.
A peza medra, involucrando voz e danza simultaneamente.
IN MAPA SON viaxa dende a periferia ao interior, dende o corpo que camiña ao corpo que danza e fala, brindando vibración á voz que se alza, dende a distancia á intimidade.
Creacion e dirección: Maria Move
Asistencia coreográfica: Alba Cotelo
Interprete: Maria Move
Estrea: 28 Outubro 2017, Festival Cartografias do movemento, Lugo
Foto Eloy Couceiro
Foto Eloy Couceiro
Foto Eloy Couceiro